Contacto | Tel.:986 88 03 00

Pagadas as expropiacións para a humanización do entorno do Mercado de Seixo

20 xullo 2021
O proxecto de humanización do entorno do Mercado de Seixo avanza un
pouco máis na súa tramitación. No día de onte, o Salón de Plenos do
Concello acolleu o pago das expropiacións para a ocupación dos terreos,
que permitirán mellorar toda esta zona central da parroquia e gañar novos
espazos de esparcemento para a veciñanza.
En concreto, son cinco as parcelas afectadas, ocupando unha superficie
entre todas de 326 metros cadrados. Para este procedemento de
expropiación investiranse 21.968 euros.
En ambos casos, notificouse previamente aos propietarios das parcelas
que se levarían a cabo estes expedientes, que foron despois aprobados de
xeito oficial no Pleno da Corporación.
A contorna do Mercado de Seixo converterase nun centro neurálxico, cunha
compoñente urbana que mellorará todo o espazo. Segundo explicou o
concelleiro de Rural, Pablo Novas, “o obxectivo é crear unha rúa de plataforma
única, cun uso prioritario dos peóns e unha praza a nivel que poida permitir
usos múltiples de ocio e de lecer”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies