O Museo acolle unha exposición fotográfica para viaxar a través da alma

O Museo acolle unha exposición fotográfica para viaxar a través da alma

20 xullo 2021
Seis sentimentos a través da mirada fotográfica de Aurora Lorda. Ese é o motivo principal de “A Través del Alma”, a nova exposición que se poderávisitar no Museo Manuel Torres e que foi inaugurada esta mañá pola artista e a concelleira Itziar Álvarez. Aurora Lorda (Lourizán, 2001), estudou
Iluminación, captación e tratamento da imaxe, na Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV).

Este libro fotográfico, agora convertido en mostra, nace do proxecto finalde estudos de Lorda, que quixo plasmar a través dunha modelo, Sandra Fernández, a alegría, a tristeza, a vergoña, a ira, o amor e o medo. Seis sentimentos propios do ser humano, que se cristalizan na expresión e o posado da modelo, pero tamén nas localizacións, a escolla do vestiario, o maquillaxe e a iluminación de cada fotografía.
Pola súa banda, a concelleira quixo destacar a importancia de abrir o Museo “ás novas xeracións de creadores e creadoras, que están iniciando a súa traxectoria e que traen novas propostas interesantísimas para o público”.
A exposición poderá visitarse ata o no horario habitual do Museo, de martes a domingo, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.

Anterior O Concello renovará 71 luminarias en Malvido e sumará 18 novos puntos de luz

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados