O Concello renovará 71 luminarias en Malvido e sumará 18 novos puntos de luz

O Concello renovará 71 luminarias en Malvido e sumará 18 novos puntos de luz

19 xullo 2021

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acompañado de representantes veciñais, acudiu recentemente ao lugar de Malvido, onde se levará a cabo un importante proxecto de renovación do alumeado público exterior, co obxectivo de mellorar a prestación deste servizo neste área, apostando tamén polo aforro enerxético.

Novas explicou que existía unha importante necesidade de levar a cabo este proxecto, “tanto pola mellora enerxética que suporá como pola necesidade de renovar as luminarias, o cableado ou os cadros eléctricos, entre outros elementos”.

En total, a renovación do alumeado cableado será total, coa incorporación de 18 novos postes de apoio e a sustitución de 71 luminarias, por unhas novas tipo LED de baixo consumo.

Tamén é importante destacar que, con este proxecto, “conseguiremos avanzar na mellora estética da infraestrutura luminaria, algo polo que tamén apostamos desde o Concello, loitando contra o deterioro e mellorando a integración paisaxística”.

O prazo de execución da obra, que xa está en marcha, é de aproximadamente 45 días. A inversión total será de 53.802,45 euros e o 70% desta contía (37.661,72 euros) será aportado cunha subvención concedida pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia.

Anterior Un piano flotante e un espectáculo único: a aposta cultural para o Lago de Castiñeiras

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados