Compartir é Vivir / Sharing is Living: Intervencións artísticas na cidade
Compartir é Vivir acolle unha mensaxe de esperanza: a aspiración humana da convivencia en paz.
Compartir é Vivir nega a violencia, proponnos o afecto e a non agresión, formulando a reivindicación dun futuro compartido.
O proxecto Compartir é Vivir materialízase a través de obras de creación pensadas para o espazo público, realizadas por 15 artistas de seis países (Brasil, Colombia, España, Estados Unidos,
Guatemala e México) xerando unha reflexión sobre: a identidade, a desigualdade, a violencia e a convivencia.
O obxectivo da mostra é conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, exercida en todo o mundo, que se celebra, cada ano, o 25 de novembro.
A arte é unha arma moi poderosa de transformación do eu e do humano, e ten o poder de mellorar o mundo.
Creación, Colaboración, Reivindicación, Transformación
Todas as obras que articulan a proposta Compartir é Vivir están concibidas desde unha consciencia crítica e un posicionamento feminista.
Non queremos Silencios
Non desexamos Violencias
Aspiramos ao respecto da Dignidade Humana
Artistas participantes
Para acceder á localización da obra dos/as artistas no espazo público, dispoñemos dunha ligazón xeral aos pupis e marquesiñas de Marín.
A continuación, móstranse os nomes de cada unha das artistas, a ficha técnica da súa obra e a localización no mupi ou marquesiña correpondente.
Guerrilla Girls
Imaxes impresas sobre papel 176 x 120 cm
Obra instalada en marquesiña, ubicada en Avenida de Ourense, nº 3
Yolanda Herranz Pascual
Imaxes impresas sobre papel 176 x 120 cm
Obra instalada en MUPI, ubicada en Avenida de Ourense, nº 23
Regina José Galindo
Imaxes impresas sobre papel 176 x 120 cm
Obra instalada en MUPI, ubicada en Rúa do forte, nº 27
Celeste Garrido Meira
Imaxes impresas sobre papel 176 x 120 cm
Obra instalada en marquesiña, ubicada en Rúa Concepción Arenal, nº 35
Beth Moysés
Imaxes impresas sobre papel 176 x 120 cm
Obra instalada en marquesiña, ubicada en Rúa Lameira, nº 7
Mau Monleón Pradas
Imaxes impresas sobre papel 176 x 120 cm
Obra instalada en MUPI, ubicada en Avenida de Ourense, nº 19
Elina Chauvet
Imaxes impresas sobre papel 176 x 120 cm
Obra instalada en MUPI, ubicada en Ezequiel Massoni, nº 7
Mar Caldas
Imaxes impresas sobre papel 176 x 120 cm
Obra instalada en MUPI, ubicada en Avenida de Ourense, nº 8
Bia Santos
Imaxes impresas sobre papel 176 x 120 cm
Obra instalada en MUPI, ubicada en Alameda Rosalía de Castro, s/n
Nela (Manola Roig Celda)
Imaxes impresas sobre papel 176 x 120 cm
Obra instalada en MUPI, ubicada en Rúa de O Carballiño, nº 2
Lorena Wolffer
Imaxes impresas sobre papel 176 x 120 cm
Obra instalada en MUPI, ubicada en Augusto Miranda, nº 4
Samuel Gallastegui
Imaxes impresas sobre papel 176 x 120 cm
Obra instalada en MUPI, ubicada en Ezequiel Massoni, nº 17
Patricia Glauser
Imaxes impresas sobre papel 176 x 120 cm
Obra instalada en marquesiña, ubicada en Rúa Concepción Arenal, nº 50
Alissia (Mª Penalva-Leal)
Imaxes impresas sobre papel 176 x 120 cm
Obra instalada en marquesiña, ubicada en Ezequiel Massoni, nº 17
Lilian Amaral
Imaxes impresas sobre papel 176 x 120 cm
Obra instalada en marquesiña, ubicada en Avenida de Ourense, nº 49
Coa fin de documentar este proxecto, no cal participan algunhas das artistas máis prestixiosas do mundo dentro do ámbito da creación artística internacional, publicouse un catálogo virtual onde aparecen recollidas imaxes das obras nas súas diferentes localizacións exteriores, así como as vistas da exposición en tres salas do Museo e inclúe, ademais, unha recompilación de textos elaborados por especialistas do mundo da arte, que analizan os diferentes aspectos ao redor dos que desenvolve a mostra e enmárcana dentro do ámbito internacional.
- Catálogo Virtual Compartir es Vivir
Loading Viewer...