Continuamos coa posta a punto das praias e o vial de praias, de cara a poder ter coa chegada da primaveira os entornos, os accesos, a limpeza máis profunda despois do forte inverno e agradable para o paseo, as zonas de camiñar e os contornos.
Todas as praias están cunha posta a punto do máis prioritario e seguiremos para cando o tempo acompañe poder disfrutar deste reclama e estas rutas utilizadas a pé, en bici ou trasladándose ata os sitios concretos en coche. Poder tamén poñela así en valor de cara á hostelería que durante o ano e na temporada máis estival funciona nesa ruta das praias, cuns establecementos nuns espazos privilexiados.