Promoción da nosa cultura nas Festas do Carme.

Promoción da nosa cultura nas Festas do Carme.

MEMORIAL ANTONIO FERNANDEZ, FESTIVAL FOLCLORICO AIRIÑOS DE SAN XULIAN, ROMERIA TROMPOS OS PES, CONTANCONTOS E TITERES.
O Concello colabora con todas as actividades de promoción da nosa cultura e as nosas tradicións, que van ter unha presenza continua durante as festas.

O ano 2012 comezou a súa andadura o MEMORIAL ANTONIO FERNANDEZ, que chega este ano a súa V edición. A Asociación cultural Chaneiros, organiza esta cita ineludible. Ten dúas partes,unha co festival tradicional, o domingo 10, na alameda de Marín, as 18h, é outra o sábado 23, co concurso de cuartetos junior.
Tamén a Asociación Airiños de San Xulián, organiza o sábado 9, as 21h, despois do Pregón, o seu Certamen de Bandas de Gaitas Virxe do Carme, que este ano contará con a “Escola de Gaitas Provincia de Pontevedra”, a “B.M.T. Suevia (Portodosón), e Airiños de San Xulián; e o domingo 24, as 20:30h, o seu Festival folclórico, na Alameda de Marín, con “Xilmalveira (Cangas), Nos de Sobradelo (Vilagarcía), e Airiños de San Xulián.
E a Asociación Trompos os Pés, tamén chega a súa XIX edición da súa Romaría tradicional, que como o ano pasado terá lugar o día 25 de Xullo, día de Galicia, na Alameda de Marín.
Pero tamén os máis pequenos van a ter o seu momento. O martes 12, o mércores 13, o Xoves 14 e o venres 15, na alameda de Marín, as 12:00h, haberá Obradoiros de animación a lectura e espectáculos de Títeres e contacontos”, a cargo de Tarabelos.

Anterior Deportermal 2016.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados