Ramallo recibe a Raquel Carragal antes do inicio da súa proeza para visibilizar a esclerose múltiple

5 novembro 2021

 A esclerose múltiple é unha enfermidade neurolóxica, na que o sistema inmune afecta ao noso sistema nervioso central. En España, esta enfermidade afecta a 47.000 persoas. En Europa, a 700.000, e no mundo, a 2,5 millóns. Cada ano, diagnostícanse 1.800 novos casos no noso país.

Son cifras aterradoras, sobre todo tendo en conta que se trata dunha patoloxía aínda descoñecida para a poboación. Precisamente para darlle visibilidade e coma un reto persoal, a deportista de Marín Raquel Carragal uniuse coa Asociación pola Esclerose Múltiple do Morrazo (EMMO) e correrá sen descanso 110 quilómetros.

A alcalesa, María Ramallo, recibiu á marinense esta mañá no Concello para darlle ánimos de cara ao inicio da súa proeza. “Xente valente como Raquel conseguen,a  través do seu máximo esforzo, poñer no mapa enfermidades tan complexas como a esclerose múltiple, facéndonos a todos reflexionar da importancia da investigación e da comprensión para os pacientes por parte de toda a sociedade”, asegurou a alcaldesa.

Raquel percorrerá un dos itinerarios do Camiño de Santiago, que une Sarria coa capital galega, correndo, sen parar, saíndo o domingo pola mañá. Desde a asociación, animan a darlle visibilidade ao seu reto, compartindo o cartel e as imaxes a través das redes sociais, etiquetando a @esclerosemultiple_morrazo.

A alcaldesa quixo recalcar a importante labor que realizan as asociacións de pacientes, que conseguen ser un apoio e un acompañamento vital para os que sofren as enfermidades e para os coidadores, familias e achegados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies