Ramallo trasládalle a Abanca a oposición do Concello ao peche da oficina de Seixo

23 xuño 2021

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, remitiu á presidencia da entidade bancaria Abanca un escrito desde Alcaldía ante o comunicación realizada pola mesma do inminente peche da sucursal situada na parroquia de Seixo.

“Neste momento é a única entidade bancaria nese territorio e en consecuencia supón unha merma nos servizos para a veciñanza desa parroquia e da contorna, que habitualmente utilizan a entidade de Abanca como referencia, xa que dá soporte as súas necessidades financeiras”, explica a rexedora na súa carta.

Por tanto, a alcaldesa trasladou a “oposición do Concello ante a decisión do peche da sucursal”, xa que suporá “unha perda significativa para o sector do comercio, da hostalaría, para o Mercado de Abastos e para as persoas usuárias”.

Precisamente, a rexedora destaca o gran valor que o sector de mais idade da sociedade lle da á oficina, “xa que permite ese trato mais persoal cos traballadores”, e son clientes que “se mantiveron fieis á súa entidade” durante momentos moi complexos e duros.

A rexedora pídelle á dirección de Abanca que “reconsidere a cuestión e non retiren os servizos desta entidade nun núcleo de poboación moi importante, da nosa parroquia urbana e turística por excelencia e permitan continuar como ata o de agora, tendo en conta o dinamismo que ten Seixo e as necesidades que evidentemente cobren”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies