Recepción Katia Calvar e Iván García.

Recepción Katia Calvar e Iván García.

Na mañá deste venres, a alcaldesa de Marín e o Concelleiro de Deportes recibiron no Concello aos dous últimos medallistas.Esta vez o taekwondo deunos as últimas alegrías.
A habitual nestas citas Katia Calvar conseguiu o Campionato de España Absoluto en categoría -67kg. Pola súa banda, Iván García trouxo o subcampeonato de España Absoluto en categoría -88kg.
A Katia recibíuselle a través de Skype debido á súa pertenza á disciplina do Centro de Alto Rendemento de Barcelona polo que grazas ás tecnoloxías a alcaldesa puido darlle o parabén por este novo logro emplazandola a seguir crecendo e a traer novos éxitos para Marín.
Pola súa banda Iván acompañado do seu Director Deportivo e adestrador Anxo Torres (club Mats) tamén recibiu palabras de parabén da alcaldesa.

Anxo Torres tamén aproveitou para anunciarnos a entrada no Centro de Alto Rendemento de Madrid, do taekwondista marinense Pablo Fernández para a súa posible participación nas Olimpíadas de Tokyo 2020. Outra gran noticia doutro gran deportista de Marín.

Anterior Día de Rosalía nos centros educativos de Marín.

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados