Reunión coas familias do CEIPP Sequelo para tratar de mellorar a seguridade nos accesos e escoitar as súas demandas
Reunión coas familias do CEIPP Sequelo para tratar de mellorar a seguridade nos accesos e escoitar as súas demandas

Reunión coas familias do CEIPP Sequelo para tratar de mellorar a seguridade nos accesos e escoitar as súas demandas

Marín, 03 novembro 2025

Esta mañá, representantes das familias foron recibidos no Salón de Plenos do Concello de Marín pola alcaldesa María Ramallo e pola concelleira de Educación Marián Sanmartín, nun encontro no que se abordaron as peticións das familias pola situación de obras que vive todo o entorno e co obxectivo de implantar melloras e traballos de coordinación.

Durante a reunión, desde o Concello informaron que xa se solicitou a Augas de Galicia priorizar a apertura provisional da senda peonil que se está a executar e que permitirá unha mellor conexión co centro, co compromiso por parte da empresa adxudicataria de habilitar o paso en xaneiro, a máis tardar.

Ademais, solicitarase habilitar unha entrada única pola Rúa Enrique Turral, xa que a situación na entrada de Infantil agora mesmo pode entrañar perigosidade, algo que aínda pode verse máis afectado co inicio da colocación dos andamios da obra de rehabilitación do pavillón, unha vez avance a do ascensor.

Tamén se abordou a situación na rúa Jaime Janer, poñendo enriba da mesa os riscos actuais para peóns e alumnado, como cruces complicados, pasos de peóns perigosos, beirarrúas estreitas e exceso de velocidade dalgúns condutores.

Ante esta situación, as familias propuxeron organizar un grupo de voluntariado para reforzar a seguridade nos accesos ao centro nos días en que non poida haber presenza policial, colaborando de maneira coordinada para garantir a protección dos nenos e nenas.

O encontro rematou co compromiso de colaboración entre as familias e o Concello para seguir avanzando cara a un entorno escolar máis seguro e accesible para todas e todos.

Anterior Os cemiterios de Marín, preparados para a celebración do Día de Defuntos

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados