Reunión Concelleira Medio Ambiente e Benestar Social e ás ONG´S

Reunión Concelleira Medio Ambiente e Benestar Social e ás ONG´S

Esta semana tivo lugar no Concello a reunión bimensual de Servizos Sociais coas ONGs de Marín, presidida pola Concelleira de Benestar Social, onde o obxectivo principal é coordinar os recursos e as necesidades que xurden na vila.

Tanto os servizos sociais do concello, coma as 6 ONGs están moi satisfeitas con esta forma de traballar, pois permítelles poñer enriba da mesa a problemática diaria coa que se atopan e ao mesmo tempo tratar de buscar solucións, optimizando os recursos, e intentar chegar a todas as persoas que o necesitan, tendo en conta a gran labor que realizan as persoas voluntarias de facer que a axuda chegue a máis xente, aplicando criterios xustos.

Nesta reunión tamén se falou das axudas do Plan Social de Ence, do que as 6 ONGs se beneficiaron o ano pasado, e voltarán a solicitalas este ano, así como as axudas nominativas que o concello lles outorga cada ano.

Outro asunto que se tratou foi a problemática do alto custo dos alugueres en Marín, e a reticencia que sofren algunhas persoas por non ter recursos fixos ou polas elevadas fianzas a desembolsar.

Outro dos temas, foi as axudas en produtos de limpeza e hixiene corporal, xa que se converteu nun dos produtos máis demandados, e que nas campañas de recollida son dos que menos se da. Polo tanto ademais dos produtos doados pola fundación HUMANA valorados en 2500€ anuais, o Concello achegará outra parte para tratar de cubrir a demanda.

Tamén se falou de noticias que apareceron en redes sociais, sobre bolsas de roupa e comida que apareceron tiradas e incluso rumores sobre persoas que venden ou trocan estas bolsas. As ONGs queren aclarar que son entidades sen ánimo de lucro, xestionadas por voluntarios e voluntarias, polo que solicitan á cidadanía que no caso de ter coñecemento de algunha destas accións, se dirixan a elas, á Policía Local ou ao Concello, para poder así tratar de investigar aos responsables, para poder poñer solución e que non quede en entre dito a labor das ONGS.

O que si se decidiu entre as ONGs e as representantes de Servizos Sociais e do Concello, foi facer público tanto nos medios de prensa coma entre os Centros Educativos da vila, que dentro da liberdade que da quen ten para realizar campañas de Recollida de Roupa, Alimentos, Produtos de Limpeza e Hixiene, se fagan sempre coas ONGs e o Concello e non con outras entidades ou asociacións, xa que aínda que se fagan con boa fe e sen ánimo de lucro, non se reparte seguindo os criterios establecidos, e polo tanto pode provocar problemas. Asemade todas as ONGs están de acordo en facer campañas coordinadas co fin de organizalas mellor e tratar de que os produtos recollidos sexan repartidos entre elas, tendo en conta o número de persoas ás que axuda cada ONG.

Dende o Concello se quere destacar a gran labor e o mérito que ten o voluntariado na axuda ás persoas máis desfavorecidas.

Anterior Reunión da Mesa Local de Comercio

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados