19 febreiro 2021
O Servizo Sanitario Galego de Saúde anuncia que se levará a cabo un cribado á poboación de Marín desde este martes, día 23 de febreiro, ata o sábado, día 27, na Praza de España.
O cribado realizarase con test de saliva. Estes son os requisitos para a participación no mesmo:
• Ser cidadán con tarxeta sanitaria activa en calquera dos Centros de Saúde de Marín e estar dentro do rango de idade de 20 a 64 anos, ambos incluidos (13.796 persoas)
• Ter o teléfono móbil ligado á tarxeta sanitaria. A ese teléfono será enviado un SMS para a citación da proba e para comunicar o resultado
• Non ser persoal de residencias
• Non ter unha PCR positiva nos últimos tres meses
• Non ter participado noutro cribado nos últimos 15 días
Tal e como explicou o SERGAS, contarase cun equipo de 14 persoas baixo a coordinación de persoal médico, que traballarán en seis equipos de entrega de material e de recollida de mostras.
PROTOCOLO DE TRABALLO Luns, 22 de febreiro
• A partir das 09.00 horas: montaxe das carpas
• Ás 17.00 horas: descarga do material de traballo en almacén habilitado Martes, 23 de febreiro
• De 10.00 a 19.30 horas: seis equipos realizarán a entrega de tubos aos cidadáns citados. Citarase a 2.826 cidadáns. Non haberá recollida de mostras.
• De 08.30 a 18.00 horas: os seis equipos entregarán botes de saliva aos cidadáns citados. Citaranse 3.204 persoas o mércores, 3.894 o xoves e 2.839 o venres.
• Cada unha destas xornadas, un equipo recollerá as mostras dos botes de saliva das persoas ás que se lles fixo entrega do material o día anterior, que serán enviados para a súa análise á Fundación Galicia Sur
Sábado, 27 de febreiro
• Realizarase únicamente a recollida de mostras dos botes de saliva das persoas que falten por entregar, que serán enviados para a súa análise á Fundación Galicia Sur
• Desmontaxe de carpas e recollida de material DISPOSITIVO DE TRÁFICO
A Policía Local de Marín preparou un dispositivo especial de tráfico para facilitar o máximo posible a participación no cribado e evitar na medida do que se poida o atasco rodado.
Estableceranse dous fluxos de tráfico, un para a entrega de material por parte dos equipos á cidadanía e outro para a recollida de mostras nas carpas. Ademais, habilitarase un acceso peonil específico para facilitar o tránsito á veciñanza que vaia facer o cribado a pé.
Ademais, a partir do luns ás 07.30 horas da mañá estará prohibido aparcar na parcela de Praza de España.
No que respecta á actividade do Porto, a Autoridade Portuaria anunciou que o acceso da Praza de España permanecerá pechado nos días que dure o cribado, entre as 08.00 e as 19.00 horas, concentrando deste xeito a entrada ao Porto pola súa porta principal.