Solicitude Campamento Verán 2018

Solicitude Campamento Verán 2018

LISTAXE DEFINITIVO

LISTAXE DEFINITIVA

Listaxe Entrimo

Un ano máis e xa van 21 edicións, o Concello de Marín en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, organizará o tradicional Campamento de Verán de pernoita, baixo o réxime de oferta concertada que pon en marcha cada verán a Xunta de Galicia.

Este ano un total de 33 mozos participantes (nacidos entre os anos 2010 e 2004) e un grupo de 7 monitores viaxarán á localidade ourensá de Entrimo para pasar uns días inesquecibles no Campamento Penedos de Xacinto desde o próximo 15 ao 26 de AGOSTO.

O proceso de inscrición ábrese este próximo luns día 25 de xuño e finalizará o seguinte luns día 2 de xullo. A diferenza de anos anteriores, non existe preferencia por orde de chegada, realizarase un sorteo entre todas as solicitudes recibidas no prazo indicado, o vindeiro martes día 3 de xullo ás 10:30. Para realizar a solicitude simplemente haberá que encher o documento que se atopará nas dependencias do Concello de Marín (oficina de Rexistro) e presentalo por Rexistro. Tamén existirá a posibilidade de inscrición por internet, con posibilidade de envío dixital.

Unha vez realizado o sorteo elaborarase a listaxe de admitidos e reservas e abrirase un novo prazo (4-6 xullo) para a realización do pago do prezo de participación e entrega de documentación (fotocopia cartilla ou cartón sanitaria, fotocopia do dni do participante ou libro de familia e volante de empadroamento). Un prezo que se manterá invariable nos 90 euros habituais.

Desde o Concello de Marín animamos a todos a participar nesta tradicional actividade de verán, que poñerá punto e final ao descanso de verán previo ao comezo dun novo curso escolar.

SOLICITUDE

SOLICITUDE EN SEDE ELECTRÓNICA

Anterior Plan Cultural de Grupos Artísticos e Musicais 2018

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados