Últimos días para gardar os tickets de compra en Marín e conseguir rosais pequenos para a primavera

Últimos días para gardar os tickets de compra en Marín e conseguir rosais pequenos para a primavera

17 abril 2021

Mercar no comercio local e apoiar o noso non debe ser unha excepción, debido á difícil situación que está a atravesar o sector. Por iso, hoxe máis que nunca temos que aproveitar os últimos días para aproveitar que está activa a campaña “Chega a primavera a Marín en Rede”.

Esta campaña ten por obxecto dinamizar o consumo nos comercios e nos locais de hostalaría da vila que estean adheridos á plataforma Marín en Rede, a excepción dos establecementos de alimentación, farmacias e mercados de abastos, que por ser servizos esenciais non viron paralizara a súa actividade durante o confinamento e as diversas restricións derivadas da pandemia.

A veciñanza ou os visitantes de Marín poderán facer gasto nos establecementos adheridos á plataforma dixital, ata chegar a un mínimo de 30 euros de compra, que pode ser nun só ticket ou varios, que se canxearán por unha planta ornamental, concretamente, un rosal pequeno. Os clientes poderán gardar os tickets ata o 22 de abril.

Os días 23, 24 e 25 de abril poderán achegarse até a Oficina de Turismo da Praza de España, onde presentarán os seus tickets de compra e se lles dará unha pranta. As prantas poderán recollerse de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas (a excepción do domingo, que será só en horario de mañá). O máximo será de dúas prantas por persoa.

Adherirse a Marín en Rede

A plataforma dixital da economía local de Marín ten actualmente cerca de 200 negocios adheridos, cada un cunha ficha multimedia cos seus datos de contacto que pode ser consultada con facilidade a través do directorio.

Para formar parte, é abondo con entrar en www.marinenrede.es e encher o formulario que aparece ao clickar no botón “Dar de alta o meu negocio”.

 

 

Anterior MARES, estacionamento público gratuíto

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados