Un enganche ilegal dun particular á rede municipal, o problema tras as avarías de luz en Concepción Arenal

Un enganche ilegal dun particular á rede municipal, o problema tras as avarías de luz en Concepción Arenal

29 marzo 2021

O Concello de Marín informa de que nos últimos 15 días estanse producindo problemas no subministro de luz na contorna de Concepción Arenal, especialmente nas rúas Tombo, Vidal Pazos, Carballiño e Quevedo.

Segundo explicou o Concello, cando se foi realizar a última reparación da instalación, detectouse que unha vivenda de Concepción Arenal, na que está instalado un okupa, realizara unha conexión ilegal non ao alumeado público e á instalación de Fenosa.

Ese empalme ilegal supuxo unha importante avaría no sistema, que provocou un cortocircuito e estragou os equipos de 11 luminarias. Debido a ese pico que xera a conexión, non é posible dar servizo nestas condicións á zona porque seguiría saltando e estragándose o resto do sistema.

A Policía Local xa conta cos informes pertinentes despois de actuar no lugar e de que a persoa en cuestión recoñecese ter realizado ese enganche. En total, o gasto público en reparación e na substitución das luminarias será de máis de 3.000 euros.

Anterior O Concello adicará o Premio Liberación ás ONGs da vila

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados