Contacto | Tel.:986 88 03 00

Un hórreo de Torres, en plena restauración para lucir coma novo no Museo Municipal

29 abril 2021
Manuel Torres é o artista pictórico máis coñecido da nosa vila. O fondo municipal que se custodia no Museo supón un legado artístico imprescindible que hai que coidar, preservar e expoñer para poder achegar a súa obra á veciñanza.

A concelleira Itziar Álvarez visitou o obradoiro da restauradora Eva Fontoira, que de novo se
encarga da restauración dunha acuarela que forma parte dos fondos do Museo e que é “dous poucos hórreos que pintou Manuel Torres”, explica a concelleira.

Fontoira explica que este cadro presentaba unha importante deformación do soporte debido a un
exceso de humidade. De feito, hai unha marca moi visible dunha gota e auga que comeu a cor e hai
presenza de pregues e de arrugas, que estána ser corrixidas.

A maiores, apareceron manchas de humidade e os pigmentos dalgunhas cores están decolorados,
“seguramente porque ademáis estivo colgado nalgún sitio no que lle daría luz directa”. Asemesmo,
había algunha rozadura por mala manipulación da obra. “Correxiremos todo isto e reintegraremos os tons e a cor, ademais de botar un fixativo”, detallou a restauradora.

Espérase que o cadro poida ser visitado no Museo a partir de mediados do próximo mes, pasada a
exposición dos Maios e a dos rapaces da EEI O Grupo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies