Unha sala no museo para reivindicar o papel da muller da obra de Torres

Unha sala no museo para reivindicar o papel da muller da obra de Torres

A alcaldesa, María Ramallo, e as concelleiras Marián Sanmartín e Itziar Álvarez visitaron esta nova sala,
na que penduran os cadros do artista marinense nos que a figura da muller é o papel protagonista.
A figura da muller na obra do pintor Manuel Torres é unha protagonista recurrente e por iso o Concello
decidiu realizar unha escolma dos seus cadros onde a representación feminina é o motivo principal.
Así, unha das salas do museo estará adicada a este motivo específico, con oito obras do pintor que esta
mañá foron visitar a alcaldesa, María Ramallo, e as concelleiras Itziar Álvarez e Marián Sanmartín.
Nesta exposición permanente poden desfrutarse cadros como “Mercado”, “Fruteira” ou “A maternidade”.
Este último é o utilizado como imaxe do CIM de Marín. Outros cadros incluidos na sala son “Mulleres”,
“Regateiras” o un boceto para un cadro que representa a Anunciación.
Practicamente todas estas creacións están feitas en pastel sobre lenzo, técnica destacada cando a muller
forma parte do seu cadro.
A mostra, que será permanente, pode visitarse no horario habitual do museo.

Anterior O Concello reparte no Mercadiño de Marín pins morados para incentivar a participación da veciñanza nos actos do 25N

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados