Axudas ARI
1. AXUDAS ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS (IET)
Publicada no DOG nº 3 do 7 de xaneiro de 2026 a Resolución do 30.10.2025 do IET –Instituto de Estudos do Territorio- pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, e se establece a súa convocatoria para o ano 2026 (código procedemento MT402A):
BENEFICIARIOS
Persoas físicas titulares dun inmoble ou ben
CONTÍA DAS AXUDAS:
70% dos gastos subvencionables ata un máximo de 3.000 € (crédito 2.000.000 €)
PRESENTACIÓN
Obrigatoriamente por sede electrónica, a través desta ligazón.
PRAZOS
O prazo de solicitude é do 16 de xaneiro ás 12:00h ao 16 de febreiro do 2026 ás 23:59h.
Corrección de impactos paisaxísticos de conformidade cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia e os obxectivos e criterios que expresan as directrices da paisaxe de Galicia, en concreto as seguintes actuacións (punto Segundo da convocatoria):
• Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada
• Remate, renovación e/o substitución do acabamento exterior de cubertas
• Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos
Gastos de execución dos traballos (materiais e man de obra), honorarios profesionais se fora o caso así como os tributos cando non sexan recuperables.
2. INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)
Publicada no DOG nº 12 do 20 de xaneiro de 2026 a Resolución do 16.12.2025 da Axencia Instituto Enerxético de Galicia -INEGA- pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural-Feader- no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (código IN421P).
PRESENTACIÓN
A través dalgunha das entidades colaboradoras que forman parte da listaxe publicada na páxina web do Inega.
PRAZOS
O prazo de solicitude é do 9 de febreiro ás 9:00h ao 13 de marzo do 2026 ás 23:59h.
CONTÍA DAS AXUDAS
50% do investimento ata un máximo por vivenda de
• 8.000 € BIOMASA
• 10.000 € XEOTERMIA
• 2.500 € AEROTERMIA/HIDROTERMIA
• 2.000 € SOLAR TÉRMICA
MÁIS INFO
Máis info sobre a axuda na páxina do INEGA, na sede electrónica, escribindo ao enderezo inega.info@xunta.gal ou chamando ao 981 54 15 00.
3. BONO EMANCÍPATE (CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE)
Publicouse no DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2026 a Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas económicas a través do Bono Emancípate, no ano 2026, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CT501B):
BENEFICIARIOS
Persoas físicas maiores de idade e menores de 36 anos que sexan titulares dunha vivenda en propiedade ou dun contrato de aluguer con posterioridade ao 30 de abril de 2025.
PRAZOS
O prazo de solicitude é do 13 de febreiro ás 9:00h ao 30 de abril do 2026 ás 20:00h. Crédito orzamentario 2.920.000 €.
DOCUMENTACIÓN
Anexo I, Anexo II, Anexo III (só nos casos exentos de presentación do IRPF) e contrato de aluguer ou escritura pública de compravenda de vivenda.
PRESENTACIÓN
Obrigatoriamente por sede electrónica a través da seguinte ligazón.
AXUDAS
Mobles – Electrodomésticos – Utensilios de cociña – Artigos de baño – Textil de fogar – Artigos de decoración
• 1.500 € para titulares de contratos de aluguer
• 3.000 € para propietarios/as de vivenda
MÁIS INFO
Máis info sobre a axuda na páxina da DIrección Xeral da Xuventude
bonoemancipate.xuventude@xunta.gal
881 999 025 / 981 544 840 / 981 544 926 / 981 544 866
Dispoñer dunha fonte regular de ingresos iguais ou inferiores a 4 veces Iprem (5 ou 6 nos casos de discapacidade) e estar empadroados na vivenda.
4. AVAIS COMPRA VIVENDA <36 ANOS (IGVS)
Resolución do 25 de febreiro de 2026 pola que se convoca o Programa Avais para a adquisición de vivenda para o ano 2026 (código de procedemento VI402B):
BENEFICIARIOS
Persoas físicas maiores de idade e menores de 36 anos con ingresos entre 2 e 5.5 veces o IPREM (6.5 veces se é adquirida por máis dunha persoa), empadroadas en Galicia.
GARANTÍA
Ata un 20% do prezo de adquisición da vivenda ou, de ser o caso, do seu valor de taxación (prezo máximo de adquisición no concello de Marín: 210.000 euros).
PRAZOS
O prazo de solicitude é do 13 de marzo ás 9:00h ao 30 de outubro do 2026 ás 14:00h ou esgotamento de crédito (5.000.000€ anualidade 2026).
PRESENTACIÓN
Obrigatoriamente por sede electrónica a través da seguinte ligazón.
MÁIS INFO
avaismocidade.igvs@xunta.gal
981 957 529 / 981 541 982 / 881 999 016 / 881 995 946
Prestar unha cobertura temporal e financieira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda das persoas menores de 36 anos.
5. PROGRAMA FOGAR VIVO 2026 (IGVS)
Resolución do 24 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Fogar Vivo e se procede á convocatoria das axudas para o ano 2026 (código de procedemento VI426F):
BENEFICIARIOS
Incentivar a incorporación de vivendas ao mercado do alugamento a través dunha renda accesible.
PRAZOS
O prazo de solicitude é do 9 de marzo ás 9:00h ao 3 de xuño do 2026 (1.374.500 € liña a) – 1.418.076 € liñas b) e c) ).
PRESENTACIÓN
Preferiblemente por sede electrónica a través da seguinte ligazón.
MÁIS INFO
tramites-fomento.igvs@xunta.gal
981 541 982 / 881 999 016
AXUDAS
Límite máximo 16.000 €/vivenda
• Liña a) Gastos en seguros de impagos e multirrisco fogar, ata 3.000 €
• Liña b) Adecuación e reparación da vivenda, 80% ata 5.000 € (+ 6.000 €, segundo caso)
• Liña c) Axuda vinculada, 2.000 € (menores 36 anos, con fillos menores ou dependentes)
Incentivar a incorporación de vivendas ao mercado do alugamento a través dunha renda accesible.
Sitas en Galicia, titularidade privada, condicións adecuadas de habitabilidade, vinculadas ao programa durante 5 ou 7 anos como mínimo, non ter sido arrendadas nos tres meses anteriores á data presentación da solicitude (agás axudas liña a)), límite renda 600 €/mes.