Axudas ARI
1. AXUDAS XERA A PROXECTOS E OBRAS CON MADEIRA ESTRUTURAL
Resolución do 17 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G):
Beneficiarios
Persoas físicas, de xeito individual ou colectivo, que residan en Galicia
REQUISITOS:
• Uso residencial unifamiliar
• Proxecto de nova edificación ou rehabilitación
• A estrutura será realizada total ou parcialmente en madeira
• Os productos de madeira e derivados deben representar un mínimo do 20% do PEM
• O prazo máximo de xustificación das obras realizadas será o 9.10.2026 e o 30.06.2027
GASTOS SUBVENCIONABLES
Gastos realizados dende o 01 de xaneiro de 2026 ata a data límite de xustificación (excluiranse as actuación xa rematadas na data de presentación da solicitude), excluíndo o IVE (se este é recuperable), taxas de permisos ou licenzas, gastos de visado, anteproxecto, dirección de obra, de execución e os de coordinación de seguridade e saúde
AXUDA
50% (podendo incrementarse ata o 70%), cun máximo de 10.000 para a liña 1.2 e de 20.000 euros para a liña 2.2 (podendo incrementarse ata os 30.000 e 40.000 euros)
PRAZOS
O prazo de solicitude é do 30 de xullo ás 09:00h ao 31 de agosto do 2026 ás 20:00h.
(crédito orzamentario total 1.800.000 € anualidades 2026-2027)
Concesión das axudas
Por concorrencia non competitiva, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria darán lugar á concesión da axuda, ata o esgotamento do crédito, respectando a súa orde de entrada sen comparación con outras solicitudes
PRESENTACIÓN
Obrigatoriamente por sede electrónica a través das seguintes ligazóns:
• Liña 1.2 – procedemento MR502D
• Liña 2.2 – procedemento MR502G
Máis información
Na web da Axencia Galega da Industria Forestal
Envía un correo a https://xera.xunta.gal/gl
Ou chama ao seguinte número:
881 995 473
* Esta información fai só referencia ás liñas 1.2 e 2.2 dirixidas a persoas físicas e vivendas unifamiliares. Para as liñas 1.1 e 2.1 consultar o texto completo no DOG
2. AVAIS COMPRA VIVENDA <36 ANOS (IGVS)
Beneficiarios
Persoas físicas maiores de idade e menores de 36 anos con ingresos entre 2 e 5.5 veces o IPREM (6.5 veces se é adquirida por máis dunha persoa), empadroadas en Galicia
Obxectivo
Prestar unha cobertura temporal e financieira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda das persoas menores de 36 anos
GARANTÍA:
Ata un 20% do prezo de adquisición da vivenda ou, de ser o caso, do seu valor de taxación (prezo máximo de adquisición no concello de Marín: 210.000 euros)
PRAZOS
O prazo de solicitude é do 13 de marzo ás 09:00h ao 30 de outubro do 2026 ás 14:00h.
ou esgotamento de
crédito (5.000.000 € anualidade 2026)
PRESENTACIÓN
Obrigatoriamente por sede electrónica a través da seguinte ligazón
Máis información
Envía un correo a avaismocidade.igvs@xunta.gal
Ou chama aos seguintes números:
981 957 529
981 541 982
881 999 016
881 995 946
3. AXUDAS Á ADQUISICIÓN DE VIVENDA NA ARI DE MARÍN (IGVS)
O MÉRCORES 15 DE ABRIL DE 2026 ÁS 9.00 HORAS ARRANCA O PRAZO DAS AXUDAS Á COMPRA DE VIVENDA NA ARI DE MARÍN (modalidade A)*:
Resolución do 31 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento VI501A):
Beneficiarios*
Persoas físicas maiores de idade con ingresos non superiores a 6.5 veces o IPREM que teñan subscrito con posterioridade ao 15 de outubro do 2025 un contrato privado ou escritura pública dunha vivenda, empadroados na mesma, que non supere os prezos máximos establecidos nas bases reguladoras e sita nun dos cascos históricos recollidos na Orde do 1 de marzo de 2018 que se pode consultar nesta ligazón.
Concepto subvencionable*
Financiamento parcial do prezo de adquisición de vivenda xa construída en cascos históricos (novas e usadas)
AXUDA*
20% ata un máximo de 10.800 €, ata 12.800 € no caso de menores de 36 anos
PRAZOS
Do 15 de abril de 2026 ás 9.00 horas ao 15 de outubro de 2026 ás 14.00h ou esgotamento de crédito (500.000 € anualidade 2026 – modalidade A)
PRESENTACIÓN
Preferiblemente por sede electrónica a través da seguinte ligazón, con opción en soporte papel