Volve o Marín Gaming Fest os días 15 e 16 de outubro

09 setembro 2022

O 15 e o 16 de outubro volverá ao Pavillón da Raña o II Marín Gaming Fest, organizado polo Concello de Marín e Gaming Troop e que foi presentado polos concelleiros Hugo González e Antonio Caíña, así como con representantes da entidade organizadora.

De novo, contarase cos torneos, con premio en metálico, de Super Smash Bros, Ultimate e League of Legends. “Para dar máis variedade ao evento e que poida xogar máis público, aumentarase o número de videoxogos dispoñibles, que terán xogo libre e pequenos torneos, como Mario Kart, Dragon Ball FB Z, Fornite, Fall Guys, Fifa22, Just Dance, Rocket League ou Switch Sports”, explican desde a organización. Ademais, manterase a zona de simracing con dous dos postos de volante de Gaming Troop e o xogo Project Cars 2.

A novidade deste ano será unha zona VR onde os asistentes poderán probar a experiencian das gafas de realidade virtual a través do xogo de ritmo Beat Saber. Ademais, nun evento coma este non pode faltar o concurso de cosplay, onde poñer a proba as habilidades de costura, patronaxe e interpretación dos que participen, que poderán ser até 50.

O “jugger” tamén terá o seu propio espacio, onde se poderá probar a aprender este deporte, facendo demostracións de partidos deste xogo. Completarána programación diversos obradoiros e charlas de interese, ademais dun concerto de música de videoxogos-anime, grazas ao artista Yell0.

Ademais, para que os asistentes poidan desfrutar das actividades que se celebrarán durante todo o día, instalaranse varios foodtrucks diante do pavillón.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies