Marín volve conseguir o distintivo de Bandeira Azul para todos os seus grandes areais

11 maio 2021
As praias de Marín volven ser merecedoras do certificado de Bandeira Azul outorgado pola Adeac.
Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, O Santo-A Coviña revalidan este distintivo de excelencia medioambiental, que premia non só a calidade das augas dos areais de Marín, senón tamén a prestación de servizos e de comodidades para os usuarios.

Mellorar a sostibilidade do turismo e conseguir unha relación respectuosa co Medio Ambiente son dous obxectivos importantes que persegue o Concello. Segundo explicaron fontes municipais, “para nós é importante revalidar a distinción porque demostra que traballamos seguindo criterios de sostibilidade, respectuosos e que ofrecemos un turismo e uns servizos sustentables, acordes coa nosa filosofía de defensa da contorna”.

“Somos conscientes de que vivimos nunha paraxe única, que debemos coidar a preservar”, explicou o Concello. A Bandeira Azul converteuse no símbolo máis recoñecible para os millóns de usuarios de areias, convertido nun estándar mundial de ecocalidad turística.

Desde o Concello, apuntan que “seguiremos traballando para continuar coidando as nosas praias e toda a nosa contorna, ofrecendo á súa vez servizos públicos de calidade, de accesibilidade e de xestión do espazo público”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies