O Concello prepara os seus cemiterios para aplicar o protocolo da Xunta de Galicia para o Día de Defuntos

O Concello prepara os seus cemiterios para aplicar o protocolo da Xunta de Galicia para o Día de Defuntos

[DESCARGAR PDF PREVENCIÓN DA INFECCIÓN POLO VIRUS SARS-CoV-2 NOS CEMITERIOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA ANTE A FESTIVIDADE DE TODOS OS SANTOS E DEFUNTOS]

De cara ao Día de Defuntos, o Concello de Marín avanza que se establecerá un protocolo específico coa intención de garantir en todo momento a seguridade e o bo proceder nun día tan sinalado no noso calendario e no que as familias e amizades acode aos camposantos da vila para conmemorar as tradicións típicas desta xornada lembrando aos seres queridos.

Este procotolo realízase seguindo as medidas publicadas pola Xunta de Galicia para o Día de Defuntos en toda a nosa comunidade, cumprindo con todas as recomendacións que se recollen nel (que pode ser consultado na páxina web do Concello).

Así, estableceuse un aforo máximo para os camposantos de toda a vila. A contabilización fíxose asumindo que en ningún momento se superará o 40% do aforo total que permite a superficie de cada un e asumindo por cada persoa un espazo de 4 metros cadrados.

Deste xeito, os aforos de cada un dos camposantos serán os seguintes:

  • Cemiterio municipal da Raña: 940 persoas
  • Cemiterio municipal de Santa María do Campo: 200 persoas
  • Cemiterio municipal de Ardán: 190 persoas
  • Cemiterio parroquial de Santomé de Piñeiro: 300 persoas
  • Cemiterio parroquial de Mogor: 50 persoas
  • Cemiterio evanxélico de Seixo: 40 persoas

Durante todo o Día de Defuntos, co traballo de persoal do Concello, da Policía Local e de Protección Civil haberá un control exhaustivo destes aforos. Para facilitar o tránsito de persoas, o Concello inclúe unha ampliación horaria dos camposantos, que tanto a véspera, o 31 de novembro, como o propio día 1 abrirán de 08.00 a 20.00 horas, ininterrumpidamente.

Ademais, estarán sinalizadas as entradas e as saídas, de tal xeito que se cree un circuito para poder garantir que os fluxos de persoas estean ordenados.

Grupos: máximo 5 en xeral, 4 se son convivintes

Tal e como recollen as medida da Xunta, permitirase a asistencia aos camposantos con grupos dun máximo de 4 persoas, no caso de que sexan convivintes, e de 5 a nivel xeral (esta última limitación é a que está vixente en toda Galicia para calquera tipo de actividade).

O  Goberno local prega tamén que as visitas sexan breves, de tal xeito que se establecerá un máximo de 30 minutos para evitar a inmobilidade e permitir que todas aquelas persoas que así o desexen poidan acudir ao camposanto.

Medidas sanitarias e de prevención, en todo momento

Por outra banda, o Concello porá a disposición xel hidroalcohólico nos accesos aos cemiterios e prega que se teña responsabilidade e cumpra en todo momento coas medidas de prevención e hixiene vixentes neste momento para evitar posibles contaxios pola Covid19.

Tamén haberá un dispositivo de limpeza e desinfección específico e colocaranse colectores de reforzo para que todos os restos sexan depositados nel.

Lémbrase tamén a obligatoriedade que tamén se da noutras circunstancias de non fumar a menos de dous metros do resto de persoas que están no espazo público.

Anterior Posta a exposición pública a aprobación do Plan Parcial do polígono de Searas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados