O Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria lanza un curso de etiquetaxe de producto e de comunicación para hostaleiros e productores

19 maio 2021

Poñer en valor os nosos productos, coñecer a lexislación que afecta ao etiquetado dos mesmos, saber ler a etiquetas e toda a información relativa á seguridade alimentaria é fundamental. “Sempre o foi, pero especialmente agora, incluso co boom da comida a domicilio”. Así o explica Elena González, experta en seguridade alimentaria e unha das inquilinas dos despachos do Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria do Concello de Marín.

Alí foi presentada esta mañá unha formación relativa a este tema, impartida por Elena e pola empresa Slow Food, dirixido a pequenos e medianos productores, a elaboradores, envadasores e hostaleiros que queiran coñecer mellor a forma de comunicar a súa produción ou a información que trae cada unha das materias primas coas que traballan despois en cociña.

Na presentación, ademais das formadoras, estiveron presentes a alcaldesa de Marín, María Ramallo, e a concelleira de Comercio, Cristina Acuña, acompañadas do presidente de AJE Pontevedra, Jesús Rey e da responsable do espazo, Marián Barreal.

A formación terá lugar no propio espazo o martes 25 de maio ás 10.00 horas. “Dadas as circunstancias sanitarias, tivemos que realizado con prazas limitadas, que serán máximo 16 persoas”, explicou Barreal, que indicou os datos de inscrición para os interesados: ben por teléfono, no 637 76 20 82, ou ben por email, en marin@ajepontevedra.com.

Tal e como explicou Elena, a idea do curso xurdiu porque en torno á etiquetaxe aínda hai “bastante desinformación”. “A información que se presta ao consumidor non é a máis adecuada en moitas ocasións”. Ela encargarase de falar da etiquetaxe obligatoria, que é o que marca a normativa. No que respecta a Slow Food, falarán da etiquetaxe narrativa. “Temos que aprender a poñer en valor ás nosas empresas, a boa praxis. Nós queremos ensinarlles a vender, pero facéndoo desde a legalidade. Por exemplo, non se pode dicir que un produto é ecolóxico se non ten unha certificación detrás. Teremos que pensar ben como comunicar as nosas bondades e esa parte ten un potencial enorme para atraer ao nicho de mercado que busca a nosa diferenciación”.

Pola súa parte, a alcaldesa, María Ramallo, incidiu na importancia de que estas formacións sigan adiante, especialmente en espazos cun carácter tan marcado como o do espazo emprendedor, moi centrado na innovación alimentaria. “Todo cambiou a moita velocidade e agora é preciso actualizarse, cambiar a forma de traballar e adaptarse ás novidades, á situación e ás novas formas de consumir e das esixencias dos consumidores”.

Desde AJE Pontevedra, o seu presidente destacou tamén a importancia de “apoiar, con este tipo de actividades, a renovación do sector. Na nosa asociación temos moitas consultas respecto a estos temas, porque parece sinxelo pero non o é”. Rey afirmou que hai que compatibilizar “a legalidade das normativas e a parte máis estética e visual dos productos que vendemos, que tamén ten que funcionar”.

De momento, xa hai apuntados representantes de 9 empresas, algunhas delas punteiras na innovación alimentaria, como unha adicada á elaboración de chourizo vegano ou outras máis relacionadas coa actividade productora pesqueira do Porto de Marín.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies