O patrimonio marinense dá un paso máis na súa posta en valor coa sinalización das fontes

O patrimonio marinense dá un paso máis na súa posta en valor coa sinalización das fontes

24 xuño 2021

Conservar o noso patrimonio, poñelo en valor e difundilo é fundamental. Por iso, o Concello de Marín leva tempo traballando na catalogación e sinalización dalgúns dos seus elementos patrimoniais máis relevantes, para poder despois dalos a coñecer entre a cidadanía e os visitantes.

Neste sentido, presentouse esta mañá a nova web municipal www.fontesdemarin.com, un portal similar ao que xa se presentara sobre lavadoiros ( www.lavadoirosdemarin.com ) onde se recollen as máis de 70 fontes que se atopan no noso termo municipal, cunha galería fotográfica, unha imaxe 360, a xeolocalización e unha pequena descrición.

Os concelleiros Pablo Novas, Cristina Acuña e Manuel Domingos visitaron a Fonte de Troncosa esta mañá para presentar o novo espazo dixital, ademais de toda a labor de nova sinalización que se levou a cabo en todas as fontes, que agora, ao igual ca os lavadoiros, contan cunha sinalética renovada, axustada á toponimia e cunha estética axeitada á contorna na que se ubican, normalmente rural.

“É importante que todo quede rexistrado e que calquera veciño ou visitante que teña interese en coñecer o noso patrimonio poderá facelo, soamente accedendo a este portal”, explicou Novas.

O concelleiro tamén indicou que esta é “unha aposta para poñer en valor o patrimonio que temos no noso municipio”, especialmente nun momento no que hai unha importante demanda de coñecer espazos abertos e naturais.

Este traballo realizouse con cargo a unha subvención de 13.500 euros da Deputación de Pontevedra.

Anterior Ramallo trasládalle a Abanca a oposición do Concello ao peche da oficina de Seixo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados