Ramallo clausura os campamentos de verán municipais, nos que participaron máis de 250 nenos e nenas

31 agosto 2021

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, acompañada da concelleira de Educación, Marián Sanmartín, visitou á rapazada participante nos campamentos de verán municipais  organizados polo Concello e que hoxe chegaron á súa fin.

Como despedida, os nenos e nenas gozaron hoxe dunha mañá na Finca de Briz, ata onde se trasladaron as representantes do Goberno local e onde puideron intercambiar impresións co monitorado, que se encargou de explicarlles o bo funcionamento que tiveron as sesións.

“Con este tipo de oferta pública conseguimos, por unha banda, ofrecer unha alternativa de ocio para os máis pequenos da casa, que precisan de estímulos e de diversión durante a época do verán, pero ademais fomentamos a conciliación familiar nunha época do ano na que os pais e nais teñen máis dificultade por non hacer colexio”, explicou a rexedora.

En total, durante os meses de xullo e agosto máis de 250 nenos e nenas gozaron deste servizo, que este ano se desenvolveu entre as instalacións da Laxe e as casas de cultura de Seixo e Mogor.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies