Recta final das obras de humanización do Camiño Vello de Seixo

20 maio 2021

As obras de humanización do Camiño Vello de Seixo entran na súa fase final. O concelleito de Rural, Pablo Novas, afirmou esta mañá a pé de obra que está previso que os traballos poidan finalizar “nun prazo aproximado de quince días”.

Hoxe rematáronse os traballos de pavimentación da calzada e proseguirase con toda a colocación de luminarias, sinalización, mobiliario urbano e árbores.

O proxecto abrangue o tramo comprendido entre a rúa Doutor Otero Ulloa (estrada PO-551) e o cruce coa Estrada O Grupo Escolar de Seixo, coa finalidade de entroncar coa actuación que xa se realizou anteriormente até a estrada provincial EP-1202.

Esta rúa atopábase en moi mal estado e requería dun importante esforzo de humanización, para convertela nun espazo renovado e cómodo para o seu uso, con todos os servizos modernizados, xa que se producían moitas avarías polo seu deterioro.

Coa actuación, ancheáronse as beirarrúas ata uns 2,50 metros (dependendo nalgúns puntos das fachadas de edificios anexos) e no que respecta á calzada, quedará o sentido único desde a Rúa Doutor Otero Ulloa ata o Mercado, con carril de 3,5 metros de amplitude.

O proxecto está a subvencionarse coa liña do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, por un importe total de 374.361,63 euros.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies