55 decoracións competirán por gañar os premios do II Concurso de Decoración de Nadal

15 decembro 2021

O espírito do Nadal está moi presente na nosa vila non só pola decoración e o alumeado do Concello, senón grazas a todas as persoas e establecementos que participaron no II Concurso de Decoración de Nadal, que xa ten pechada a súa inscrición.

Segundo informa o Concello, este ano presentáronse 21 vivendas unifamiliares, 14 comunidades de veciños, 16 comercios e 4 locais de hostalaría.

O xurado irá agora visitar cada unha das decoracións participantes, para coñecer in situ a súa orixinalidade e para así poder deliberar a súa decisión. Os premiados daranse a coñecer na páxina web do Concello e nos perfís de redes sociais o 20 de decembro.

O xurado está composto polos concelleiros Manuel Domingos, Itziar Álvarez, Cristina Acuña, Marián Sanmartín e Elisa Dopazo; un funcionario municipal e Mara Fariña e Cristina Barreiro, en representación da veciñanza de Marín.

Premios

 En todas as categorías, haberá un primeiro premio de 300 euros e un segundo de 200 euros. Ademais, farase un sorteo entre todos os participantes (a excepción dos gañadores) por valor de 100 euros.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies