Marín convoca un Grupo de Acción Urbana para presentar o PMUS

Marín convoca un Grupo de Acción Urbana para presentar o PMUS

O Plan de Mobilidade Urbana Sostible será debatido e comentado no próximo Grupo de Acción Urbana que o Concello de Marín convoca para o 24 de febreiro, ás 19.00 horas, no Museo Manuel Torres.

Ta e como explican desde a administración local, a convocatoria está aberta a toda a cidadanía que teña interese en coñecer os pormenores do plan que se está a elaborar e que servirá de folla de ruta para as actuacións futuras na vila de Marín en materia de urbanismo, mobilidade e mellora e optimización do espazo público.

Para acudir será preciso inscribirse previamente no seguinte enlace:
bit.ly/GauMarin

Esta presentación contará ca intervención da alcaldesa, María Ramallo, que exporá cales foron os cauces institucionais que houbo que poñer en marcha para a elaboración do PMUS e cales son os obxectivos do Goberno local de cara á construción do Marín que queremos.

Tamén intervirá un dos técnicos da empresa Proyestegal, que é a encargada de redactar este plan de mobilidade, que se enmarca dentro da estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

Anterior Pedreiras avanza na renovación total dos seus servizos, coa instalación da rede de saneamento

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados