Contacto | Tel.:986 88 03 00

A Policía Local abre dilixencias contra un condutor que pediu auxilio tras un accidente e que conducía sen carné, sen seguro e ca ITV caducada

A Policía Local de Marín abriu dilixencias esta semana un condutor, de iniciais, A.R.M e de 52 anos de idade, por un presunto delito contra a seguridade viaria por conducir sen permiso. A infracción foi coñecida debido á visita do propio condutor ao posto do corpo de seguridade durante a quenda de noite.
Segundo explicou a Policía, o individuo acudiu á sede cerca da unha da madrugada manifestando que tivera un accidente de tráfico co seu coche e que como carecía da contratación do servizo de grúa, precisaba de axuda para retirar o vehículo da calzada.

A patrulla de garda desprazouse ata o lugar de Cidrás, onde se atopaba o coche, e comprobou que este non tiña seguro, a ITV estaba caducada e o condutor non tiña permiso de conducir, por ter perdido todos os puntos e ter decretada unha perda da vixencia.
Debido a esta acumulación de infraccións, a Policía Local tramitou a denuncia por non ter seguro, por un importe de 1.500 euros, outra pola ITV, de 200 e finalmente unha por conducir sen carné, de 500 euros.

Accidente na Avenida de Ourense
Por outra banda, na tarde de onte produciuse un alcance entre dous vehículos na Avenida de Ourense. Segundo os datos da Policía Local, un dos coches que estaba circulando impactou por detrás co outro coche implicado, que estaba parado fronte ao semáforo.
O condutor que propinou o golpe, de iniciais A.B.D.Rm de 59 anos, deuse á fuga pero foi localizado en poucos minutos polos axentes do corpo de seguridade local, que comprobar que o coche tamén carece do seguro obrigatorio desde 2016 e de ITV desde 2017.
A Policía someteu ao condutor a unha proba de drogas, que arroxou un resultado positivo en cocaína e opiáceos. Foi denunciado por carecer do seguro, con 1.500 euros de multa; por non facilitar datos da parte contraria do accidente, con 200 euros, e por conducir baixo os efectos das drogas, penado con 1.000 euros e a retirada de seis puntos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies