Contacto | Tel.:986 88 03 00

Activada a nova circulación en Concepción Arenal, onde xa se comeza a pavimentar unha das beirarrúas

A segunda fase da humanización da Rúa Concepción Arenal avanza a bo ritmo, a pesar das inclemencias climatolóxicas destes días. Desde hoxe pola mañá xa están aplicadas as novas restricións de tráfico das que informou o Concello a principios desta semana e que resultan fundamentais para poder continuar ca execución da obra.

Así, o viario pasará a ser de sentido único no tramo afectado polos traballos, de tal maneira que aqueles vehículos, tanto coches como autobuses, que veñan desde Pontevedra en dirección a Marín terá que desviarse pola Rúa José Trasande. No caso de que quixeran incorporarse de novo a Concepción Arenal, poderán facelo subindo pola Rúa Vidal Pazos.

Con respecto aos servizos, unicamente se verá afectada a parada do autobús escolar fronte á gasolineira, que se trasladará uns metros máis adiante, xusto fronte á Xoiaría Fontán. O cambio de ubicación da marquesiña, igual que o do sentido único do tráfico, será transitorio e durará aproximadamente todo o mes de decembro.

Estes cambios veñen motivados pola necesidade de iniciar os traballos na beirarrúa dereita (en dirección Marín-Pontevedra). Pola súa parte, a marxe esquerda xa comeza a lucir o pavimentado novo, que comezaron a colocar onte os operarios da empresa Oresa, executora dos traballos.
A humanización de Concepción Arenal, un dos proxectos urbanos máis importantes que se están a desenvolver na vila na actualidade, ten un custe global de 653.423 euros e, igual que na primeira fase, xa rematada, o Concello contará unha subvención do 80% por parte da Axencia Galega de Infraestruturas, dependente da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies