Comunicado de actualización da situación da Covid19

Comunicado de actualización da situación da Covid19

30 DE OUTUBRO 2020 – 

DECRETO 178/2020, do 30 de outubro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas en determinados ámbitos territoriais da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

[button link=”http://concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/10/AnuncioC3B0-301020-1_gl.pdf” size=”large” color=”blue”]Decreto[/button]

 

29 DE OUTUBRO 2020 – 

A situación sanitaria no noso municipio preocupa, e moito, ao Concello. A tendencia dos casos activos debe ser unha chamada de atención para toda a cidadanía, que debe extremar as precaucións individuais.

“Temos que ser responsables máis ca nunca”, declarou esta mañá a alcaldesa, María Ramallo, que xunto co seu equipo fixo balance das medidas vixentes a día de hoxe no Concello para avanzar na xestión da pandemia.

 

1.- Limpeza e desinfección diaria

Todas as mañás a primeira hora, realízase unha limpeza e desinfección de todos aqueles lugares que supoñen un máis alto risco de contaxio pola afluencia que teñen: accesos aos centros educativos, Centros de Saúde, Prazas de Abastos, parques públicos, espazos concorridos, edificios municipais, Policía Local…

Con esta, mantense seguro o espazo público, para permitir que o día a día se desenvolva nun ambiente no que se garante a limpeza.

 

2.- Atención telemática para trámites municipais ou cita previa

Aínda que si se permite a realización de trámites no Concello, estableceuse un importante protocolo de prevención na Casa Consistorial, á que só se pode acudir con cita previa (chamando ao 986 88 03 00).

En todo caso, o Goberno local prega a toda a veciñanza que realice, na medida do posible, todos os seus trámites por vía online, utilizando a sede electrónica.

 

3.- Posta en marcha da Oficina de Rexistro para a Expedición de Certificados Electrónicos

Precisamente, para facilitarlle á cidadanía a súa relación tecnolóxica co Concello, púxose en marcha unha Oficina de Rexistro para a Expedición de Certificados Electrónicos de Persoas Físicas para a Cidadanía.

Tal e como explicaron fontes municipais, con esta iniciativa trátase de dar todos os medios electrónicos necesarios para que os habitantes de Marín poidan realizar os trámites online, tanto na propia sede virtual do Concello coma no resto de portais das distintas administracións, como a AEAT (Axencia Tributaria) ou a Seguridade Social.

Os requisitos para a expedición do certificado é ser maior de idade e estar empadroado en Marín, ou, polo menor, ter algunha vinculación laboral co municipio. O procedemento consiste en realizar unha solicitude no seguinte enlace http://www.concellodemarin.es/expedicion-de-certificado-dixital/ e posteriormente concretar unha cita no Concello para verificar os datos do certificado do documento de identidade.

 

3.- Locais municipais pechados e instalacións deportivas a porta pechada

O Concello decidiu manter en todo momento os locais municipais pechados e sen actividade e as probas deportivas que acollen as instalacións municipais despútanse a porta pechada.

Por outra banda, tampouco se iniciaron as Escolas Deportivas Municipais.

 

4.- Reforzo do control por parte da Policía Local

Os axentes da Policía Local velarán polo cumprimento das normas en todo momento, reforzando as inspeccións tanto nos establecementos como a nivel particular.

Neste punto, o Concello quere recalcar o seu agradecemento a todos os establecementos comerciais, de hostalaría e todo tipo de negocios que están cumprindo coas medidas, que non sempre é unha tarefa sinxela.

 

5.- Recollida do lixo para persoas afectadas pola Covid19 e que non dispoñan de axuda

O Concello presta este servizo nos casos en que unha persoa que sexa positiva por Covid19 ou que teña que gardar a preceptiva corentena non teña ningún tipo de axuda para poder baixar o lixo.

 

6.- SAF especial para situacións de COVID19

Desde o inicio da pandemia, o Concello ofrece, a través do Servizo de Axuda no Fogar, asistencia extraordinaria en caso de necesidade, para persoas dependentes, maiores ou para persoas que resultaron positivas.

Para poder contar con este servizo, é preciso poñerse en contacto con Servizos Sociais.

Desde o Concello prégase manter en todo momento as medidas especialmente nos entornos familiares e privados, nos que se están a focalizar boa parte dos contaxios.

Lémbrase que se debe respectar a limitación de reunións a 5 persoas.

 

17 DE SETEMBRO 2020 – 

A alcaldesa de Marín vén de rematar a súa participación na reunión de seguemento coa Consellería de Sanidade e cos alcaldes do resto de municipios afectados polas restriccións sanitarias: Pontevedra, Poio e Vilaboa, así como co alcalde de Sanxenxo.

Sanidade informou dunha tendencia á baixa da incidencia, rexistrándose onte ás 00.00 horas (última medición) 46 casos activos positivos en Marín. Ademais, hai 106 persoas en seguemento por parte dos servizos sanitarios.

A alcaldesa afirma que é necesario e importante “seguir traballando para continuar con esta baixada e seguir freando o avance da pandemia”.

Coa colaboración do subcomité clínico creado para tal fin, seguirán estudándose os brotes específicos na nosa vila e analizándose como está a circular o virus na localidade. Segundo se indicou, a incidencia en Marín afecta especialmente a xente nova.

Entre as medidas específicas que se van tomar, a maiores das que se decretaron onte, está a redución ao 50% dos postos do mercadillo, que irán turnándose segundo as súas licenzas, empezando polas pares a próxima semana.

No que respecta ao control, haberá un maior control por parte da Policía Local para garantir o cumprimento das medidas, especialmente no sector da restauración.

Mañá pola mañá haberá unha reunión de traballo de seguemento local para continuar coordinando as actuais medidas e valorar as actuacións a tomar nos próximos días.

Anterior Coordinada a actuación nos cemiterios de cara ao Día de Defuntos

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados