Derrubado o muro na Travesía República Arxentina, que comeza mostrar o seu trazado

Derrubado o muro na Travesía República Arxentina, que comeza mostrar o seu trazado

18 abril 2022

O corazón urbano da zona do Inferniño está a reformularse grazas á apertura do novo viario de Travesía República Arxentina, unha rúa que xa comeza mostrar o seu novo trazado, despois de que se derrubase por fin o muro que separaba ambas partes.

Así o foi comprobar o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, que acudiu á zona das obras a comprobar o seu avance e toda a mellora urbana que suporá a apertura desta rúa na zona. “Agora xa é máis sinxelo ver o que se gañou e seguirase mellorando, cando se comece coa pavimentación e a creación de beirarrúas, así como a mellora das existentes na zona que xa estaba urbanizada”, explicou o concelleiro.

O novo tramo será de 44 metros de lonxitude e deixa dúas parcelas anexas, nas que é posible levar a cabo unha promoción inmobiliaria, que se volve moito máis interesante coa renovación urbana de Travesía República Arxentina.

Actualmente a execución da obra supera o 50%. Nela, investiranse 241.612,40 euros (máis IVE), con cargo ao Plan Concellos.

Anterior Campamentos de Conciliación 2022

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados