Festas San Xosé – Contodarea
Fecha
30/04/2024 - 01/05/2024
Hora
De FESTAS

As festividades terán lugar os días 30 de abril e 1 de maio, pero o sábado 27 de abril poderemos desfrutar dun aperitivo cunha nova edición dos Cantos de Taberna dos Saljariteitos, que percorrerán desde as 12.00 horas os bares da parroquia.

O martes 30 de abril, a partir das 20.00 horas será o pistoletazo de saída destas festas co pasarrúas da Charanga Jalácticos e coa tradicional tirada de fogos de artificio. A parroquia de San Xosé tamén convida ás 21.00 horas a unha tamborrada no adro da Igrexa para despois percorrer as rúas do barrio. Ás 22.00 horas actuará na mítica Praza do Regueiro a Orquesta Galilea.

O mércores 1 de maio, a partir das 10.00 horas terá lugar unha tirada de fogos de artificio e ás 11.00 horas a asociación Airiños de San Xulián brindaranos cun pasarrúas.

A partir das 12.00 horas terá lugar a misa de San Xosé de Cantodarea, que estará cantada polo Coro de Cámara Thalassa, e haberá unha tirada de fogos de artificio; ás 13.00 horas a asociación Trompo Os Pés obsequiarannos cun baile e un pasarrúas.

Chegadas ás 18.00 horas, será a quenda do grupo Pousos da Area e para rematar as festas ás 19.00 horas terá lugar a procesión San Xosé de Cantodarea,

acompañada pola Banda de Música da Brilat e cunha tirada de fogos de artificio como peche das festas.

Anterior Andaina Montes e Praias

WEBS ASOCIADAS

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados