Finalizan as obras de saneamento de Cadrelo Pereiro.

Finalizan as obras de saneamento de Cadrelo Pereiro.

No mes de agosto comezaron as obras da rede de sumidoiros nos lugares de Pereiro e Cadrelo(parroquia de Santo Tomé de Piñeiro), no Concello de Marín.

As obras son reflexo do esforzo da Xunta en materia de saneamento, pois a actuación que está a piques de iniciarse conta cun investimento de arredor de 540.000 euros, que se suma aos investimentos da obra de saneamento de Pereiro- O Pozo, que facilitará a posta en servizo da infraestrutura xa rematada de Miñán-A Esperela.
As previsións de Augas de Galicia son que esta actuación se remate neste ano. Ambas actuacións suman un investimento dun millón de euros.

Estas dúas actuacións están recollidas no convenio asinado en 2010 entre a Xunta e o Concello, polo que se desenvolven varias infraestruturas hidráulicas no rural e do cal xa se executaron actuacións por máis de 1,5 millóns de euros.

cader2

Tamén hai que engadir outra actuación xa finalizada en Marín, a mellora do saneamento no lugar de Miñán- A Esperela. Grazas a estas obras, os núcleos de Miñán, A Troncosa e A Esperela disporán dunhainfraestrutura de saneamento que lles permite conectarse coas redes municipais de saneamento máispróximas e xa existentes, como é a da parroquia de San Tomé de Piñeiro ou a da parroquia de O Campo. O investimento desta actuación foi de 753.000 euros.

O contrato executado no tramo que finaliza  no día de hoxe, tal e como foi comunicado polos responsables da dirección da mesma de Augas de Galicia, polaempresa que a está executando e polos responsables do concello de Marín está encuadrada a actuación dentro dos contratos de execución de obras públicas hidráulicas non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A obra da rede de sumidoiros nos lugares do Pereiro eCadrelo tiña un tipo de licitación cun importe neto de 443.028,36 euros e un importe total de 536.064,32 euros.

Remátanse estos días ás acometidas dos veciños para poder en próximas datas poñer en servizo esta rede, coa alta da liña de Fenosa para os bombeos que foron no día de hoxe revisados por persoal técnico e da dirección da obra de Augas de Galicia e a empresa Naróm adjudicataria destes ramais.

Unha moi boa inversión en infraestructura de SANEAMENTO que mellora a rede do concello de Marin.

cader1

Anterior Melloras en San Pedro.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados