Gago de Mendoza comeza a súa ronda de visitas polos centros educativos da vila marinense

Gago de Mendoza comeza a súa ronda de visitas polos centros educativos da vila marinense

Os nenos e nenas da EEI Nosa Señora do Carme e da EEI O Grupo recibiron unha visita moi especial nos seus centros educativos. Nada máis e nada menos que a de Gago de Mendoza, unha das figuras históricas máis importantes da vila, que, en carne e óso, explicou ao alumnado destes dous colexios a súa fazaña como líder das Alarmas do Morrazo.
Estas visitas teatralizadas forman parte dunha iniciativa impulsada pola Concellaría de Cultura de Marín, que comezou co deseño dunha banda deseñada e que agora remata con esta actividade escolar. Ambas iniciativas contan co apoio da Deputación de Pontevedra, que lle outorgou ao Concello unha subvención para a dinamización lingüística.
A concelleira Itziar Álvarez visitou ambos centros e sinalou o “éxito que ten entre os alumnos a visita de Gago de Mendoza”, achegándolles de maneira amena e didáctica “esta parte tan relevante da historia de Marín”.
O horario de visitas continuará da seguinte maneira:
Mércores, 11 de decembro
10.30 horas – CPR La Inmaculada
Luns, 16 de decembro
10.00 horas – CPR San Narciso 12.30 horas – CEIP Sequelo Martes, 17 de decembro
10.00 horas – CEIP A Lace 11.30 horas – CEIP do Carballal Mércores, 18 de decembro 10.30 horas – CEIP Seixo
12.00 horas – CEIP de Ardán

Anterior A primeira planta do Concello acolle a exposición “Con mans de muller” ata finais desta semana

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados