Iníciase a limpeza anual do leito dos ríos marinenses

Iníciase a limpeza anual do leito dos ríos marinenses

24 setembro 2021

A limpeza dos ríos é unha actuación medio ambiental de mantemento que se debe facer todos os anos para poder liberar ao trazado do río da maleza que se acumula e permitirlle ao caudal da auga que discorra sen obstáculos ao longo do cauce.

Os concelleiros de Medio Rural e Medio Ambiente, Pablo Novas e Marián Sanmartín, acudiron esta mañá ata o río Lameira, para comprobar o inicio destes labores, nos que se investirán máis de 11.600 euros.

Os traballos consistirán na limpeza dos laterais e do propio cauce, triturando a maleza cunha desbrozadora manual de disco. Esta maleza, así como os obxectos e os plásticos que se poidan atopar, serán levados ao vertedoiro.

Os ríos nos que se actuará de aquí ás vindeiras semanas son:

● O río Lameira, desde Ponte Zapal ata a ponte de Coirados, así coma o regato que vai por detrás do CEP Sequelo.
● O río da Grela, desde a ponte de Coirados ata o Lavadoiro da Presa.
● O río da Laxe, desde a ponte do camiño do Peso ata a parcela traseira ao supermercado Mercadona, incluindo o corte e a recollida das cañas do talude do CEIP da Laxe.
● O río Lapamán: desde a estrada xeral ata o camiño.
● O río Castiñeiras: desde o Lavadoiro de Coirados ao muíño antigo na Roza

Con esta limpeza, que sempre se fai coincidir coa estación outonal, conséguese, ademais, prever posibles problemas de desbordes e de atrancos no leito na época de chuvias do inverno, para evitar que se produzan danos nas zonas poboadas polas que discorren estes ríos.

Anterior A Biblioteca Municipal acollerá o XXXVI Congreso de Vexiloloxía

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados