Marín volve ser sede da General Rap rexional de Galicia para clasificarse á competición estatal de Alicante
Marín volve ser sede da General Rap rexional de Galicia para clasificarse á competición estatal de Alicante

Marín volve ser sede da General Rap rexional de Galicia para clasificarse á competición estatal de Alicante

Será este sábado a partir das 17.00 horas na Finca de Briz. Os dous gañadores viaxarán a Alicante para desputar a final cos gastos pagados.

Marín, 27 maio 2025

A cultura e a improvisación urbana volverán ter unha cita imperdible esta fin de semana en Marín, coa celebración da final autonómica de freestyle na Finca de Briz a partir das 17.00 horas, que foi presentada esta tarde no Parque por parte de Bastián Hermo, de BhB Galicia e o concelleiro Hugo González.

Trátase da clasificatoria final a nivel galego desta disciplina artística e na que poden participar todas aquelas persoas que así o desexen e que poden preinscribirse na conta de Instagram de @bhb.edition.

Aqueles que resulten vencedores nas batallas do sábado, clasificaranse para a General Rap de Alicante e para os que o Concello subvencionará a viaxe ata a cidade e a estancia durante a competición estatal.

O concelleiro quixo facer fincapé no “apoio que queremos dar desde o Concello a programacións como os que organiza BHB Galicia, co obxectivo de que Marín tamén se convirta nun referente de programación cultural e artística para a mocidade, tal e como ven sendo coa celebración deste evento durante os últimos anos”.

Anterior Os xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco xa volven estar activos

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados