O aparcadoiro público gratuito fronte ao Centro de Saúde estará habilitado a partir da próxima semana

14 maio 2021
Os traballos de formigonado da parcela do INVIED fronte ao Centro de Saúde xa están rematados e está previsto que o aparcadoiro estea dispoñible a partir da próxima semana.

Tal e como explicaron fontes municipais, en total, entre as tres parcelas cedidas polo organismo estatal, o Goberno local conseguiu 40 novas prazas de estacionamento nesta zona, tan utilizada polo movemento que xera o propio centro asistencial.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies