O Concello contrata a unha técnica de turismo para dar servizo aos visitantes a través da Oficina de Turismo durante o verán de 2022

O Concello contrata a unha técnica de turismo para dar servizo aos visitantes a través da Oficina de Turismo durante o verán de 2022

Durante a tempada de verán 2022, o Concello de Marín recibiu unha subvención de 6.090 € por parte da Deputación Provincial de Pontevedra para o cofinanciamento dos custos derivados da prestación do servizo de atención o público e información en oficinas de turismo adheridas á Rede de Oficinas de Turismo “Info Rías Baixas”. A achega do Concello ascendeu a 5.707,50 euros.

Esta persoa realizou tarefas de front-office e de back-office. O front-office céntrase principalmente en informar os turistas que se achegan a oficina sobre os recursos turísticos e atractivos da vila, os aloxamentos e áreas de restauración, os horarios de apertura do Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor, do Museo Manuel Torres e da finca de Briz; os horarios das visitas guiadas que se fan aos petróglifos de Mogor, as actividades e eventos que se celebran na vila e información sobre as diferentes rutas de sendeirismo que recorren o concello. Esta información acompañase con mapas, guías e folletos informativos proporcionados polo concello.

Tamén se lle ofrece ó visitante información sobre os principais recursos e eventos da provincia, sobre todo dos municipios do entorno, principalmente de Pontevedra, Bueu, Cangas, Moaña, Poio, Sanxenxo e Vigo. Xunto coa información entréganse mapas e guías provinciais proporcionadas por Turismo Rías Baixas e tamén o material turístico específico de cada concello se contamos con el. Así como os horarios de transporte público, sobre todo ós horarios dos autobuses das praias e a conexión cos concellos máis próximos e información e horarios das diferentes navieiras sobre todo para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O traballo de back-office consiste en cubrir as enquisas de visitantes e subilas a páxina de Info Rías Baixas, a actualización do inventario de recursos do municipio, proporcionar información turística vía telefónica ou vía mail, preparar paquetes con información do concello aos establecementos ou entidades público e privadas que o soliciten e repoñer e solicitar material tanto a Turismo Rías Baixas como as empresas turísticas da zona e a outras entidades locais.

Tamén consta de realizar mensualmente un informe detallado sobre os visitantes que foron atendido na oficina que se realizan a partir das enquisas de visitantes para entregar ó Concello de Marín. Estes informes incluían información sobre o número total de visitantes, a súa procedencia, os diferentes rangos de idade, a distribución por sexos, o tempo de estancia, o lugar onde se aloxan, o tipo de aloxamento, a motivación para visitar o municipio, o medio de transporte empregado e información de si estiveran previamente no concello.

Anterior Marín contará cunha Unidade de Estimulación Terapéutica para persoas con alzheimer

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados