O Concello de Marín únese ao proxecto “Ecohostelero” promovido por Ecoembes

O Concello de Marín únese ao proxecto “Ecohostelero” promovido por Ecoembes

O Concello de Marín uniuse recentemente ao proxecto “Ecohostelero”, promovido por Ecoembes coa financiación da Xunta de Galicia, que busca a concienciación medioambiental e a necesidade de reciclar, centrándose nos diferentes locais de hostalaría, coma bares, hoteis ou restaurantes, da vila.

Esta iniciativa busca animar aos establecementos de hostalaría a que reciclen os seus residuos plásticos de forma sostible e responsable debido a gran cantidade de residuos orgánicos que este tipo de locais xeran día a día.

Coa unión a esta iniciativa, por parte do Concello, búscase que os locais de hostalaría de Marín se adhiran a esta proposta de Ecoembes, na que no resto do país xa hai máis de 15.000 locais adheridos.

Os locais que se unan a esta iniciativa serán dotados de formación e materiais, por parte de Ecoembes, para levar a cabo o proxecto, como son por exemplo distintivos, os cubos necesarios para a reciclaxe, ou unha guía para separar os envases de forma correcta, fomentando tamén a reciclaxe entre os clientes.

É importante destacar a necesidade de tratar os residuos de forma sostible e adecuada  para que sexan tratados de forma correcta axudando así a conservación do medio ambiente.

Anterior Comezan as obras para o novo acceso ao cemiterio municipal da Raña

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados