Os máis pequenos desfrutan da renovada praza de Ponteporto

29 xuño 2022

A Praza de Ponteporto luce totalmente renovada, despois da inversión de máis de
237.000 euros que realizou o Concello de Marín para pavimentar e impermeabilizar toda a superficie, unha actuación coa que se solucionaron os problemas de humidades que afectaban ao establecemento que hai baixo a praza.

Non puido haber mellor oportunidade para reinaugurar a praza co seu novo parque infantil que a festa de fin de curso da Gardería Dalila, ata á que se achegaron a alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira Marián Sanmartín.

Ramallo desexoulle aos pequenos unhas boas vacacións e ao equipo directivo do centro unha boa perspectiva de cara ao curso que vén, que por fin parece que será máis normal, despois dos anos de pandemia.

Os pequenos e pequenas da casa desfrutaron de distintos xogos que se instalaron na praza, así como da amenización musical do grupo folclórico Pousos da Area.

A superficie total sobre a que se actuou coa renovación é de 1.056 metros cadrados, aos que se suman 25 máis das escaleiras de acceso desde a Avenida de Ourense e da escaleira central que comunica os dous niveis da praza.

Aproveitando o proxecto de mellora, renovouse parte do mobiliario urbano, coa instalación de 7 novos bancos, e cambiáronse as luminarias da praza por bombiñas de tecnoloxía LED.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies