Presentadas as actividades deportivas do plan Xogade

Presentadas as actividades deportivas do plan Xogade

O Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra mantivo hoxe unha reunión na sala de xuntas do Concello de Marín cos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, e representantes dos centros educativos da vila, para presentar as actividades deportivas nas escolas incluídas no plan autonómico Xogade da Xunta.
Entre as actividades que se realizarán no presente curso, dirixidas fundamentalmente á ensinanza primaria, destacan as probas de piragüismo, de cross e de atletismo en pista. Os representantes da Xunta explicáronlles aos mestres como funciona a clasificación destas probas de cara a campionatos.
Pola súa banda, o Concello de Marín aproveitou para presentar as dúas grandes actividades que organiza cos escolares de toda a vila:
O Campionato de Remo escolar Ergómetro, que será o 15 de novembro e celebrará a súa terceira edición
A Carreira Botón de Ancla, organizada xunto coa Escola Naval e na que poden participar nenos desde primeiro de Primaria ata segundo de Bacharelato. O ano pasado, esta proba reuniu a máis de 1.500 rapaces. Este ano será o 22 de maio.

Anterior Inicio de curso nos comedores escolares

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados