As entradas para a proba piloto do 19 de xuño poderán collerse a partir do xoves ás 11.00 horas

08 xuño 2021

O Concello de Marín vén de pechar o sistema para poder conseguir entradas de cara a participar na proba piloto do día 19 de xuño, organizada simultáneamente en diversos lugares pola Xunta de Galicia, e que traerá a Marín á Orquesta Marbella. A actuación será na zona do aparcamento da Praza de España.

As entradas estarán dispoñibles a partir deste xoves, día 10 de xuño, a partir das 11.00 horas da mañá. Poderán conseguirse a través de dúas vías:

● ONLINE: na web do Concello ou na plataforma Enterticket
● PRESENCIAL: o xoves e o venres, no Museo Manuel Torres, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas

Cando remate a opción presencial, seguirá activa a entrega online en caso de que aínda queden entradas. Para conseguir unha entrada haberá que deixar nome e apelidos e teléfono obligatoriamente, para garantir a seguridade e a prevención en relación á situación sanitaria. De xeito opcional, poden cubrirse os datos de código postal, email e data de nacemento para as estatísticas de participación.

O aforo total será de 1.000 persoas de pé, que estarán repartidas en 167 parcelas de 12 metros cadrados cada unha con capacidade para 6 persoas. Deste xeito, no momento no que se collan as entradas as persoas poderán escoller a localización nesas parcelas.

O máximo de entradas que poderá coller unha persoa no carriño online (e tamén no método presencial) será de seis.

O día do evento, 19 de xuño, abriranse as portas unha hora e media antes da actuación para garantir o acceso escalonado e sen colas, evitando aglomeracións de calquera tipo. É dicir, que se poderá acceder a partir das 19.30 horas, xa que a actuación está prevista ás 21.00 horas.

Normas de obrigado cumprimento

● Para acceder será obrigatorio ter entrada, incluídos bebés, nenos e nenas en carriños…
● Os menores de 16 anos terán que ir acompañados dun adulto
● Non estará permitido nin beber, nin comer nin fumar
● Non se poderá sobrepasar o límite da parcela escollida e en todo momento haberá que manter a distancia de seguridade interpersoal
● Obrigado uso constante de mascarilla e, no caso de ser preciso, xel hidroalcohólico

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies