Convocatoria dos afectados polas obras do Colector do río Lameira e a súa senda peonil

Convocatoria dos afectados polas obras do Colector do río Lameira e a súa senda peonil

A XUNTA E O CONCELLO DE MARÍN ASINARON FAI UN ANO O CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA MELLORAR A REDE DE SANEAMENTO NA CONTORNA DO RÍO LAMEIRA, QUE SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE 3,6 M€

 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade achegará o 80% do orzamento, case 2,9 millóns de euros, e o Concello de Marín o 20 % restante, 720.000 euros
 O obxectivo é renovar o colector xeral nunha lonxitude de 1.600 metros, desde a súa orixe na estrada PO-313 en Coirados ata a ponte Zapal, no casco urbano
 Os traballos prevén a mellora da estación de bombeo do río, situada no punto baixo o sistema de saneamento e que presenta actualmente deficiencias
 Esta obra forma parte das 10 novas actuacións que impulsará a Xunta dentro do Plan de saneamento da ría de Pontevedra, cun investimento global de 15 M€

O trámite levado a cabo no Pavillón do Sequelo onde foron convocados os propietarios afectados para comunicarlles a franxa obxecto de expropiación e a cantidade económica que percibirán.

A Xunta, a través de Augas de Galicia, achegará o 80% do orzamento, case 2,9 millóns de euros, e o Concello de Marín achegará o 20% restante, 720.000 euros.

As actuacións serán financiadas no marco do Eixe REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia de covid-19.

O proxecto ten como obxectivo definir as actuacións necesarias para mellorar a rede de saneamento da zona do río Lameira, renovando o colector xeral nunha lonxitude de 1.600 metros, desde a súa orixe na estrada autonómica PO-313, en Coirados, ata a ponte Zapal, no casco urbano, a partir de onde o río vai canalizado ata a desembocadura.

A actuación inclúe a xestión das augas pluviais do sistema unitario da conca do río Lameira, en tempo de chuvia, coa construción dun elemento regulador dos caudais enviados augas abaixo que, bombeados en dúas etapas, rematan finalmente na depuradora.

Os traballos recollen a mellora da estación de bombeo do río Lameira, situada no punto baixo o sistema de saneamento e que presenta actualmente deficiencias, tanto hidráulicas que orixinan frecuentes alivios ao medio, como de explotación pola ausencia de equipos para a xestión eficiente.

Ademais, o proxecto abrangue a mellora ambiental do río Lameira en toda a súa lonxitude, degradado pola existencia de residuos ou a invasión de maleza. A reparación do leito abrangue a construción dun acceso polo bordo exterior da zona de servidume, así como intervencións para eliminar obstáculos, reconstruír muros e retranquear peches.

Anterior Reunión do Consello escolar municipal

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados