O Concello abre un proceso de participación cidadá para o proxecto de reforma da Casa Consistorial

30 maio 2022

A transparencia e a participación cidadá son dúas cuestións fundamentais para a xestión municipal. Por iso, o Goberno local quere abrir un proceso de participación, no que a veciñanza poida aportar as súas suxestións en tres actuacións que son fundamentais para o municipio e que afectan a infraestruturas utilizadas por todos os marinenses: a Casa Consistorial e os pavillóns deportivos do Sequelo e A Cañota.

A alcaldesa, María Ramallo, explicou esta mañá que está encargado un proxecto, que se atopa en fase de redacción, para reformar a Casa do Concello baixo tres premisas fundamentais: mellorar a súa accesibilidade, acadar unha maior eficiencia enerxética e renovar as instalacións eléctricas e de dixitalización.

“Decidimos iniciar este proceso participativo para que a cidadanía no seu conxunto e as organizacións e asociacións que así o consideren poidan expresar as súas opinións e realizar as súas propostas para que poidan ser estudadas”, informou a rexedora.

Para realizar unha suxestión, basta con entrar no Portal de Transparencia da sede electrónica (https://sede.concellodemarin.es/) , seleccionar “Procesos participativos” e despois o epígrafe 91 de “Proxectos e obras”.

Por outra banda, nese espazo dixital están colgados tamén os proxectos de mellora da eficiencia enerxética dos pavillóns do Sequelo e da Cañota, cos que o Concello quere mellorar as cubertas e os illamentos destas infraestruturas deportivas, tan utilizadas pola veciñanza e que son o espazo no que se desenvolve o noso deporte base.

Con este novo apartado de Transparencia, que permite a realización de procesos participativos previos á aprobación de proxectos, Marín consegue ser un exemplo de gobernanza e de apertura á cidadanía, xa que non se trata dun trámite obligatorio en Galicia, mais si se considera moi relevante para poder achegar os proxectos futuros a todos os marinenses, dándolles a oportunidade de participar no progreso do municipio.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies