O Entroido online de Marín arranca coas comparsas Os Paparrulos e Os da Caña

O Entroido online de Marín arranca coas comparsas Os Paparrulos e Os da Caña

Este mediodía arrancou o Entroido online de Marín coa publicación do primeiro vídeo nas redes sociais e na canle de Youtube do Concello. A actriz Mayka Braña visitou, xunto con representantes das comparsas de Marín, Os Paparrulos e Os da Caña, a exposición que acolle o Museo Torres dos traxes máis emblemáticos usados nos desfiles.

Neste vídeo, a actriz entrevista ás comparsas, que contan todo o traballo que hai detrás da preparación do vestiario, dos números de baile, dos desfiles… E, sobre todo, toda a paixón que se lle pon á preparación dos Entroidos.

O sábado será a quenda do alumnado da Escola Municipal de Música.

Anterior Marín avanza na mellora integral do saneamento co novo proxecto do colector do Río Lameira

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados