O Pleno adxudica definitivamente a limpeza de edificios municipais a Limpiezas FARO SL por catro anos

O Pleno da Corporación deu luz verde por unanimidade á adxudicación definitiva do novo contrato que regula o servizo de limpeza de edificios e instalacións dependentes do Concello de Marín.

A empresa Limpiezas Faro SL será finalmente a que se encargue da prestación deste servizo, despois de que o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL) trasladase ao Concello que a oferta presentada por esta empresa axústase ás esixencias de contratación.

A concelleira explicou na súa exposición no pasado Pleno que “nun primeiro momento, sendo rigorosos cos informes técnicos, a Mesa de Contratación acordou a exclusión da oferta de Limpiezas Faro porque considerábamos que a baixa que presentaban era desproporcionada ou anormalmente baixa”. O TACGAL si aceptou a oferta da empresa, polo que se revocou a súa exclusión e adxudicóuselle o contrato.

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, explicou que este prego foi moi complexo na súa elaboración, “debido a que o coste do servizo incrementouse moito, debido á inclusión de novos espazos municipais que antes non estaban no prego, como as Galiñas Azuis de Seixo e San Pedro, a EEI O Grupo, as ampliacións en instalacións municipais (e a súa limpeza nas fins de semana), a Biblioteca, a Policía Local e os vestiarios, o Espazo de Emprendemento de Innovación Alimentaria do Parque Azul, o local social de Juan XXIII, a SACOA ou os novos comedores escolares”. Adxudicouse por 695.508 euros ao ano.

Tamén influiu o aumento da frecuencia de limpezas nos centros educativos ou o aumento de consumibles para o lavado de mans, así como a actualización dos salarios aos novos convenios laborais.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies